top of page

Adxudicados en Silleda os traballos de desbroces no rural, que deberán estar rematados en dous meses

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

A Xunta de Goberno Local adxudicou definitivamente tres dos catro lotes nos que se dividiu o termo municipal. O cuarto será realizado por operarios municipais


Laura Moure/Silleda

A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de adxudicar os traballos de desbroces no rural, que sairon a licitación o mes pasado. Unha vez rematados os prazos correspondentes, realizouse a adxudicación definitiva.

O lote número 1, foi adxudicado á firma Servizos Agroindustriales Bascuas S.L, por un importe de 21.344 euros (sen IVE), comprendendo as parroquias de Dornelas, Piñeiro, Manduas, Cira, Cervaña, Lamela, Moalde e Escuadro. A mesma entidade resultou tamén adxudicataria do lote 2, por 11.592 euros (sen IVE), cas parroquias de Abades, Chapa, Pazos, Ansemil, Breixa, Martixe, Rellas, Margaride, Silleda e Fiestras.


O lote número 3 adxudicouse a Diego García Besteiro, por importe de 7.980 euros (sen IVE), cas parroquias de Graba, Cortegada, Refoxos, Oleiros, Laro e Parada. O cuarto lote no que se dividiu o termo municipal será realizado por operarios do Concello de Silleda, que se encargarán dos desbroces nas localidades de Carboeiro, Saídres, Ponte, O Castro, Negreiros, Vilar, Taboada, Xestoso e Siador.

Dende o goberno municipal advírtese que con este novo sistema de realización dos traballos, estes estarán por primeira vez rematados no mes de agosto, xa que o prazo máximo de execución outorgado é de dous meses.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page