Adxudicadas a Urbanismo Técnico Sostibles as obras de instalación do skate park e da pista multideportiva de Silleda
- Laura Moure
- 6 oct 2024
- 1 Min. de lectura
A dotación, que se ubicará na praza Juan Salgueiro de Silleda, realízase ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas actuacións que suporán a creación de novos espazos públicos e de ocio para disfrute da veciñanza máis nova. Así, a Xunta de Goberno Local de Silleda vén de adxudicar -a proposta da Mesa de Contración- os traballos para a instalación dun skate park e unha pista multideporte na praza Juan Salgueiro de Silleda. As obras serán executadas pola empresa Urbanismo Técnico Sostible S.L, por un importe de 54.329 euros, IVE engadido. Esta empresa presentou a oferta máis ventaxosa das tres que concorrían ao proceso de licitación.

Neste caso, as obras fináncianse a través da convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra
O skate park, formado por varios módulos para esta practica deportiva instalarase na parcela municipal situada nas inmediacións da praza, ao carón da rúa Antón Alonso Ríos. A pista multideporte estará no espazo público xa existente da praza Juan Salgueiro, a modo de transición entre a propia praza e a zona axardinada. O prazo de execución dos traballos é de 2 meses.
Publicidade
“Con esta iniciativa damos resposta a unhas das instalación máis demandadas ao que tempo que seguimos mellorando os espazos públicos”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.
Comments