top of page
Foto del escritorLaura Moure

Adxudicada a Taboada y Ramos a mellora das pistas de Cumbraos e Balántiga, en Escuadro

Os traballos, cun investimento de de case 70.000 euros, executaránse a través do Plan Marco


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda continúa ca tramitación de proxectos para a mellora viaria do municipio. Así, e con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de Acceso a Parcelas Agrícolas 2021-2022 (coñecido como Plan Marco), vénse de adxudicar en

días pasados a reforma integral de dous viais na parroquia de Escuadro.


Trátase das pistas de Cumbraos e Balántiga, dous tramos que acusan un notable deterioro e que se atopan nunha zona cunha alta concentración de explotacións agrogandeiras. Os traballos serán executados pola firma Taboada y Ramos, por importe de 69.340 euros.


Nos últimos meses tamén con cargo ao citado Plan Marco, executouse a mellora integral do vial Negreiros-O Castro, unha das pistas máis transitadas da zona. Os traballos nestas dúas pistas de Escuadro comezarán nos vindeiros días.


Doazón de leite

Por outra banda, Mocidade Kambota, de Rodeiro, dona 500 litros de leite ao programa municipal Silleda Solidaria. A pasada semana tamén fixo esta donación aos Servizos Sociais do Concello de Agolada.


O Concello de Silleda vén de recibir unha nova doazón a través do programa Silleda Solidaria. Neste caso a doazón chega da man da campaña do colectivo socio cultural Mocidade Kambota, do veciño municipio de Rodeiro, que vén de aportar 500 litros de leite

para o banco de alimentos do programa.


Esta entidade puxo en marcha o mes pasado unha campaña con varias entregas, por un total de 10.000 litros de leite. Dada a gran producción leiteira de Rodeiro, e ante a situación crecente de vulnerabilidade nas familias, Mocidade Kambota fixo de intermediaria entre gandeiros e gandeiras, empresas locais e a industria láctea para conseguir esta

importante doazón.


“Dende o Concello de Silleda queremos agradecer esta importante aportación e a colaboración de Mocidade Kambota que chegará ás familias usuarias do programa nestes días”, explica a concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, que recolleu a partida de leite.


O colectivo entregou no marco desta campaña o produto a distintas entidades que realizan labores sociais.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page