Adxudicada a mellora da rede viaria do parque empresarial Área 33 de Silleda
- Laura Moure

- 28 ago 2024
- 2 Min. de lectura
A empresa Taboada e Ramos presentou a oferta mellor valorada cun orzamento de 130.479,41 euros
Laura Moure/Silleda
O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas a mellora dos viarios principais do parque empresarial Área 33, unha actuación que vén de ser adxudicada á empresa Taboada y Ramos, que resultou ser a oferta máis vantaxosa das cinco que se presentaron ao proceso de licitación.
A actuación, por un importe de 130.479,41 euros (IVE engadido), levarase a cabo a través da subvención da Consellería de Economía e Industria para a habilitación e mellora de infraestruturas en parques empresariais, ca que se financiará o 80% da obra. O Concello, que se presentou a esta liña de subvención a través de un procedemento de Concurrencia
Competitiva, acadou o porcentaxe máximo de axuda que establecían as bases de dita orde. O 20% restante será aportado polo Concello cos fondos que lle corresponden do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Esta mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial Área 33, vén a resolver o deterioro da capa de rodadura debido o envellecemento das mezclas, as inclemencias metereolóxicas e ao paso de vehículos pesados que soportan os viais de acceso e o vial
distribuidor do parque empresarial silledense.
Na obra a executar prevese a rehabilitación da calzada mediante a dotación dunha nova capa de rodadura de asfalto en quente con previo fresado da capa existente. Ademais repintarase as marcas viais na zona de actuación, aumentando así a seguridade, eficacia e
comodidade na circulación. Estas obras van a garantir o aumento de tránsito que se van producir no polígono trala incorporación das novas industrias que están ocupando a segunda fase do mesmo. “Temos que ofrecer os mellores servizos para que esta segunda fase se colmate definitivamente” di a alcaldesa e responsable de Promoción Económica do Concello, Paula Fernández Pena.
Publicidade
Esta era unha das demandas que lle foi trasladada ao goberno municipal pola Asociación de Empresarios do Polígono, e que se convertirá en realidade neste ano. “A colaboración entre Administracións permítenos acadar resultados para atender as demandas que nos solicita a cidadanía, e esta obra é un exemplo de elo”, remarca a alcaldesa.
Con esta actuación, o Concello continúa mellorando esta área industrial de Silleda, onde nos últimos anos se levaron a cabo melloras como a dotación de nova iluminación, a creación dunha nova zona de estacionamento ou a creación do rueiro, entre outras.







Comentarios