A Xunta de Goberno Local adxudicou de forma definitiva estes servizos, a través de concurso público aberto
Laura Moure/Silleda
A Xunta de Goberno Local de Silleda adxudicou na súa última sesión os contratos da dirección facultativa e coordinación en materia de seguridade e saúde para a execución do proxecto da nova Casa Consistorial.

Polo seu montante, procedeuse á licitación mediante procedemento aberto no mes de abril. Despois do recurso presentado aos pregos de cláusulas administrativas, que se aceptou parcialmente, o proceso abriuse de novo ca presentación de máis ofertas, cun total de oito.
O loto de dirección de obra foi adxudicado a Estudio Arquilom, SLP, por un importe total de 33.033 euros; o de dirección de execución de obra a Francisco Javier Sancosmed Álvarez, por 26.862 euros e o de coordinación en materia de Seguridade e Saúde a Francisco Fernández Novas, por 9.014 euros.
As obras de remodelación para a nova casa consistorial, que empezarán en breve, foron adxudicadas a UTE UTE Orega –Coviastec, por un importe de 1.628.012 euros.
Comments