top of page

Adiante Melide cuestiona a última xunta directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Dende a nosa formación consideramos moi grave o feito de que o Grupo de Desenvolvemento Rural apoie con fondos públicos un proxecto persoal da súa Secretaria por riba doutros que supoñen investimentos para mellorar o benestar das persoas"


Ecos da Comarca/Melide


COMUNICADO ÍNTEGRO DE ADIANTE MELIDE

Ante os feitos acaecidos a pasada semana na reunión celebrada pola Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo, dende Adiante Melide queremos informar do seguinte:


A Xunta Directiva do GDR Ulla Tambre Mandeo está presidida polo alcalde de O Pino (Partido Popular), sendo vicepresidentes os/as alcaldes/as de Touro e Boimorto, tamén do Partido Popular, o cargo de tesoureiro corresponde ao alcalde de Vilasantar, do Partido Popular e o de Secretaria a Dalia García Couso, voceira do Partido Popular no Concello de Melide.


Cabe subliñar que Dalia García Couso representa no GDR á Asociación de Veciños O Leboreiro, a cal non consta que realice actividade algunha.


Na reunión da Xunta Directiva celebrada o pasado 27 de xullo, votouse favorablemente a unha proposta na que Dalia García Couso figura como promotora dun proxecto de rehabilitación dunha Casa Reitoral no Concello de Toques, para a construción dunha pensión ao pé do Camiño de Santiago. .


A proposta recibiu a maior puntuación de todas as presentadas, acadando os 65,5 puntos, por riba incluso do proxecto de construción dun Centro de Día para persoas maiores no Concello de O Pino.


A AXUDA PROPOSTA PARA A CONSTRUCIÓN DA PENSIÓN DE DALIA GARCÍA COUSO, ASCENDE AOS 177.643,08€


Dalia, portavoz dos Populares de Melide, é unha cidadá libre e con dereito a beneficiarse das axudas económicas da administración, se ben, dende a nosa formación consideramos moi grave o feito de que o Grupo de Desenvolvemento Rural apoie con fondos públicos un proxecto persoal da súa Secretaria por riba doutros que supoñen investimentos para mellorar o benestar das persoas.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page