top of page

Adeus á mítica palmeira situada xunto á capela do San Roque de Melide

O Concello tomou esta decisión por motivos de seguridade ante os efectos irreversibles da praga de picudo vermello


Laura Moure/Melide

O Concello de Melide procedeu este mércores á talla da palmeira canaria situada ao carón da capela de San Roque, no centro da vila. A decisión tomouse por recomendación do informe técnico encargado polo Concello, que sinala que a afectación da praga estragou a viabilidade biolóxica do exemplar. A súa progresiva e imparable degradación acabaría ocasionando serios riscos de colapso que poderían afectar aos elementos patrimoniais próximos ou mesmo á integridade física dos peóns.

O Concello de Melide toma esta dolorosa decisión tras dous anos de tratamento no que

mediante o sistema de endoterapia se intentou combater a praga do picudo vermello

(rhynchophorus ferrugineus) que ocasionou a perda do meristemo apical da palmeira. Isto

impídelle á palmeira a xeración de novas estruturas verdes, polo cal dende o punto de

vista biolóxico entra nunha fase de degradación que levaría irremisiblemente á podremia.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A consecuencia sería a caída das palmas, que poderían alcanzar persoas e elementos

patrimoniais. Máis grave aínda, a degradación do tronco levaría tamén a comprometer a

súa integridade estrutural e ao colapso. Cunha altura de oito metros, isto crearía unha

área de 16 metros de diámetro no mesmo centro de núcleo urbano con risco directo.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Actualmente, a palmeira non presenta presenza do picudo vermello. Porén, a súa

infestación, sucedida hai dous anos durante o momento de máxima expansión desta

praga, tivo un carácter masivo. Cando se detectaron os primeiros síntomas, a xema

apical xa estaba moi afectada, e foi desgarrada da palmeira co primeiro temporal.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page