Laura Moure/Xeral

Hoxe, xoves, volvemos dicir adeus ás máscaras en exteriores. O goberno de España e as comunidades autónomas acordaron a pasada semana acabar coa obrigatoriedade das máscaras en exteriores e esta medida entrou hoxe en vigor. Cabe mencionar que este luns o acordo contou coa aprobación de todas as comunidades a excepción do País Vasco.
Sen embargo, cómpre subliñar que hai lugares nos que hai que seguir levándoa. Desta maneira, seguirá sendo obrigatoria en eventos multitudinarios, se as persoas están de pé e se non se pode manter o metro e medio de distancia no caso de que os asistentes estean sentados. En caso de aglomeracións urbanas non será obrigatoria, pero si recomendable o seu uso.
Pódese consultar o Real Decreto sobre esta nova modificación do uso da máscara no seguinte enlace:
No caso en concreto da comunidade galega, a Xunta aplicará a lei na que se levanta a obriga do uso das máscaras en exteriores, pero mantén a recomendación de empregala naqueles lugares onde se poidan producir agrupacións dun número importante de persoas en espazos limitados.
Que facer nos colexios?
Ao respecto dos colexios, os expertos do subcomité clínico lembran que onte se comenzou a administrar a segunda dose da vacina contra a Covid-19, polo que, ata que os rapaces teñan a pauta completa, o recomendable é seguir coa máscara onde haxa un número elevado de persoas que compartan un mesmo espazo exterior. Un espazo onde habitualmente toman bebidas ou alimentos.
A Xunta de Galicia recomenda, pois, seguir actuando con responsabilidade e lamenta que a norma non sexa mais explícita posto que pode dar cabida a interpretacións, ao entrar en contradicións coas normas contempladas no protocolo nacional de protección Covid-19 no ámbito educativo, todavía en vigor. No que atinxe á saúde as normas deben ser claras e deberían consensuarse cos expertos.
Na actualidade, Galicia conta xa co 81’9 % dos menores con idades comprendidas entre 5 e 11 anos con alomanos unha dose da vacina contra a covid-19. Así, é a comunidade autónoma com maior número de rapaces e rapazas vacinados, situándose 26 puntos por riba da madia nacional (55’7%). Con todo, mentres non teñan a pauta completa de vacinación, lembra que respectar as medidas de autoprotección segue a ser fundamental para atallar a transmisión do coronavirus.
Comments