Estas tarefas da Xunta céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas para evitar atoamentos
Ecos da Comarca/O Pino
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Tambre, ao seu paso polos concellos de Frades e do Pino.
Os traballos están a desenvolverse no treito interurbano do río no seu percorrido por distintos lugares destes dous municipios. As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.
Publicidade
Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, e nas súas zonas de acceso e protección. Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.
Publicidade
Comentários