top of page

Acto vandálico na piscina municipal de Rodeiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Hoxe as piscinas municipais permanecerán pechadas


IsmaelRS/Rodeiro

Tal e como informan dende o Concello de Rodeiro:

"Esta madrugada producíronse uns actos vandálicos na piscina municipal que xa puxemos en coñecemento da Guardia Civil. Entraron na zona subterránea onde están os motores, filtros, cloro… e manipularon as chaves todas e intentaron arrancar os motores de cloración

Unha das chaves que manipularon foi a do baleirado da piscina. Por sorte non a deberon poder abrir de todo e non conseguiron baleirar por completo a piscina grande".


Piscina Municipal de Rodeiro. Fonte: Concello de Rodeiro

"Este acto vandálico fai que teñamos que pechar a piscina. Temos que enchela e logo tratar a auga de xeito que volva ter as garantías sanitarias todas. Ademais hai que revisar o funcionamento de todos os motores. Para encher a piscina utilizamos a mesma auga que subministramos aos domicilios do casco urbano de Rodeiro. Por iso que temos que ir enchendo tamén en función da dispoñibilidade de auga. Non podemos deixar sen auga aos domicilios por encher a piscina. Estamos bombeando auga do río para tratala e así acelerar o máximo posible a apertura da piscina . Iremos informando sobre a nova data de apertura.

Condenamos de xeito rotundo este tipo de actos vandálicos que nada bo provocan e que puideron causar danos maiores sobre todo de índole medioambiental"

Sistema de abastecemento e depuración. Fonte: Concello de Rodeiro

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page