Intervirán a deputada no parlamento europeo, Ana Miranda, e o voceiro nacionalista de Vila de Cruces, Álex Fiúza
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A deputada no parlamento europeo, Ana Miranda, participará na Carixa, Vila de Cruces, o vindeiro sábado, 16 de xullo, ás 20:00 horas nun acto público dentro da campaña previa ao Día da Patria que o BNG desenvolve por todo o país. No acto tamén intervirá Alex Fiuza, voceiro municipal.

"Baixo o lema Gañarmos o futuro. A nova Galiza en marcha! Retomamos este acto a nivel comarcal despois dun parón de dous anos por mor da pandemia, nunha situación complicada no medio dunha crise de prezos, a maior en catro décadas, que está “afogando” ás familias, á clase traballadora, persoas autónomas e pequenas e medianas empresas", indica o partido nacionalista.
Mobilización en Santiago
Ademais, convidaa a mobilizarse o próximo 25 de xullo en Santiago na gran manifestación nacional que convoca o BNG "a todas as persoas que queren unha saída xusta da crise e que queren outra Galiza con futuro, na que vivir e traballar, con benestar social, desde o orgullo e a confianza no potencial do país".
Comments