top of page

Activo un lume forestal en Pedroso, Rodeiro, que xa calcinou 120 hectáreas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Laura Moure/Rodeiro

Un incendio forestal afecta á parroquia rodeirense de Pedroso, concretamente na Costa de Guillar, como informa o alcalde do municipio, Rubén Quintá. Comezou ás 23:40 horas da pasada noite. A Consellería de Medio Rural sinalou a media mañá que a superficie afectada superaba xa as 40 hectáreas. No lugar traballaban no seu control 1 técnico, dous axentes, tres brigadas e tres motobombas. Pero ás 14:00 horas a Xunta informou que segue activo e son xa 120 hectáreas as que se queimaron. No lugar traballan agora un técnico, catro axentes, seis brigadas, cinco motobombas, unha pá e dous helicópteros.


"Ardeu xa moito monte. Apagar o lume de noite ten moita dificuldade e non se poden empregar medios aéreos que son dos máis eficaces. O dano provocado polos lumes son irreparables. Coidemos o noso monte", apunta o mandatario. "E puxémonos desde o primeiro momento a disposición dos equipos de extinción para colaborar, dentro das nosas posibilidades", engade Quintá.


A Xunta informa que para alertar dun incendio se pode chama ao teléfono gratuíto 085 ou para denunciar actividades incendiarias, ao 900 815 085.



O lume en Pedroso comezou onte de noite.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page