top of page

Acordos do comité clínico de expertos en Galicia

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Segue o peche perimetral, o comercio recupera o seu horario ou retómanse as competicións federais

O presidente da Xunta durante a rolda de prensa de hoxe.

Laura Moure

Seguiranse mantendo as limitacións para prepararse para a apertura coa máxima seguridade posible, tal e como acaba de indicar o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. O acordo xeral do comité clínico é manter en Galicia as restrincións máximas e ter seis aperturas graduais, medidas que os expertos consideran admisibles ao non estar no risco extremo. "Contamos coa responsabilidade da maioría dos galegos e o goberno central debe aclarar o ritmo da vacinación", recalca o presidente.


As decisións que se levarán a cabo, e que a maioría entrarán en vigor, este mércores, 17 de febreiro son:

__ Os conservatorios e as escolas de música, danza e idiomas poderán volver á actividade presencial a partir do luns, agás para instrumentos de vento e clases de canto. E nas universidades as clases presenciais arrancarán o 1 de marzo e farase un cribado a estes estudantes.

__ Os comercios recuperan o seu horario cun aforo limitado ao 50%, pero os centros comerciais seguirán pechados as fins de semana.

__ Os bares deberán agardar aínda para abrir, polo menos unha semana máis, e haberá cribado nestes locais en que haxa positivos unha vez reabran.

__ Abrirán os restaurantes nas estacións de servizo para que os transportistas poidan comer nas mesas.

__ En canto ao deporte abriranse os recintos ao aire libre e retómase a actividade federada.

__ Permitiranse as actividades cun 30% nas bibliotecas e en cines, teatros ou auditorios co mesmo aforo.

__ A limitación segue restrinxida a persoas convivintes esta semana.

__ Continuará habendo peche perimetral.

__ En todas as residencias que completasen o ciclo de vacinación fai 10 días, pasarán a poder ver tres veces a dous familiares de referencia. No caso dos centros de discapacidade reanúdanse as saídas, os usuarios poderán volver as fins de semana a casa sempre e cando teñan a segunda dose da vacina.


O vindeiro luns volverase a decidir que se fai nas próximas semanas.


0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page