Hai unha semana Ecos da Comarca recollía as queixas de condutores polo mal estado que presentaba a estrada que serve de enlace entre a autovía e a N-547

O estado que presenta agora a estrada tras botar grava.
Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/O Pino
Hai unha semana en Ecos da Comarca recolliamos as queixas de varios condutores polo mal estado que presentaba a estrada que serve de enlace entre a autovía e a N-547, é dicir, a saída de Touro da A-54. Pois esta semana as autoridades competentes acondicionaron este tramo botando grava e mellorando deste xeito a circulación, xa que para nada se parece o estado actual ao que tiña hai uns días, chea de fochancas. Agora haberá que agardar canto dura este arranxo porque é un traxecto moi transitado por todo tipo de vehículos, entre eles pesados.
Comments