Un coche a punto de precipitarse por un terraplén en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
O 112 Galicia foi alertado este venres ás 16:18 horas por un particular debido a un aparatoso accidente en Lalín.

O suceso ocorreu en Filgueiroa cando a condutora quixo estacionar o seu vehículo na residencia de maiores que hai no lugar.
Por erro, tal e como informa o 112 Galicia, a condutora non freou (o coche era automático) e o vehículo estivo a punto de precipitarse por un terraplén. "Foi Emerxencias Lalín o que conseguiu estabilizar o vehículo", sinala o 112.
Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais. Ademais de Emerxencias Lalín, ao lugar desprazouse a Policía Local e tamén foron informados Urxencias Sanitarias e os Bombeiros de Deza.