Accidente no acceso o lugar de Brandomés, na parroquia cruceña de Brandariz
- IsmaelRS
- 16 sept 2021
- 1 Min. de lectura
Saída na estrada que une a PO-960 con Brandomés
IsmaelRS/Vila de Cruces
Onte houbo unha saída na estrada que une a PO-960 co lugar de Brandomés, o golpe tivo lugar no acceso a este lugar da parroquia cruceña de Brandariz. Ocorreu onte ao redor das 13:15 horas do medio día, no mesmos só se viu implicado un vehículo, que tras saír da estrada bateu contra o valo perimetral dunha parcela. O contratempo resolveuse sen ter que lamentar máis danos que os materiais do propio turismo. Descoñécense as causas exactas do accidente, pero todo indica que podería deberse a un líquido oleoso na estrada. Ao lugar dos feitos foron desprazados o equipo de protección civil do municipio e os bombeiros de Silleda. Non foi necesario que se personasen o equipo sanitario, xa que a persoa que ocupaba o vehículo aparentemente se atopaba en bo estado de saúde.

Comments