Accidente entre dous vehículos no concello de Santiso
Ecos da Comarca/Santiso
Este venres produciuse un accidente no municipio de Santiso no que se viron implicados dous vehículos. O suceso ocorreu sobre as cinco da tarde.

Foi un particupar o que alertou ao 112 Galicia. "Decíanos que un dos vehículos estaba envorcado e que no seu interior ían tamén dous menores, pero non precisaban se necesitan ou non asistencia médica".
Publicidade
O suceso ocorreu, tal e como informa o 112 Galicia, na estrada DP 7901 á altura do quilómetro 8 no coñecido como "Cruce dos Oito".
O 112 Galicia alertou a Urxencias Santiarias e á Garda Civil. De momento, son os datos que transcenderon.