Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Accidente entre dous vehículos no casco urbano de Agolada

O sinistro tivo lugar no cruce da PO-840 e a N-640, ás 10:43 horas desta mañá


IsmaelRS/Agolada

Esta mañá produciuse un accidente na localidade de Agolada, no que se viron implicados dous turismos e que tivo lugar sobre as 10:43 horas desta mañá, segundo indicou o 112 Emerxencias.


O 112 recibiu a chamada dun particular na que alertaba da colisión entre dous vehículos e informaba de que había unha persoa ferida, pero comentaba que ambos ocupantes dos vehículos están fóra dos mesmos.


O sinistro produciuse no cruce que une as estradas P0-840 e N-640, tras o impacto ambos os turismos quedaron no medio da calzada.


Acto seguido, o 112 pon estes feitos en coñecemento dos auxiliares sanitarios, do GES de Lalín, dos Axentes da Garda Civil de Tráfico, dos efectivos de Protección Civil do municipio e do equipo de mantemento de estradas.


Ata agora son todos os datos que temos.

Accidente hoxe en Agolada. Foto cedida


1134 visualizaciones0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE