Accidente entre dous vehículos en Melide
- ecosdacomarca
- 22 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este venres pola tarde rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 18:09 horas.

"Tratouse dunha colisión por alcance entre dous vehículos na Rúa Progreso", informa o 112 Galicia. "Ademais, indicábanos que había unha persoa que se queixaba do pescozo"
Publicidade
O 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, á Garda Civil, a Protección Civil, á Policía Local e aos Bombeiros de Arzúa.
Publicidade
Comments