top of page

Accidente entre dous vehículos en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Esta tarde rexistrouse un accidente en Agolada no que se viron implicados dous vehículos e que se saldou sen feridos.

Ocorreu ao redor das sete da tarde na N-640 á altura da propia localidade agoladesa, fronte á Casa da Cultura.

No mesmo víronse implicados unha furgoneta e un coche. Ata o lugar desprazouse Protección Civil da localidade que tivo que dirixir o tráfico, xa que un dos vehículos quedou no medio da estrada.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page