Perruquería Marisa.gif

Accidente entre dous vehículos en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

Esta tarde rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. O suceso ocorreu uns minutos antes das 19:00 horas na N-640, no quilómetro 150, preto do desguace da localidade e víronse implicados dous vehículos.

Foto de arquivo.

Un dos afectados foi o que alertou ao 112 Galicia, tal e como apunta este organismo. "Indicábanos que se trataba dun accidente sen feridos, nin atrapados, pero si que obstaculizaba o tráfico polo que era preciso o Servizo de Mantemento de Estradas".

O 112 Galicia avisou aos axentes da Garda Civil, ao Servizo de Mantemento de Estradas e tamén foron informados os Bombeiros de Silleda, o GES de Lalín e Protección Civil da localidade.


658 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif