top of page

Accidente entre catro vehículos na A-54 á altura do municipio de Palas de Rei

Tres persoas quedaron feridas leves e foron trasladadas en ambulancia


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Este venres produciuse un aparatoso accidente na A-54 á altura do municipio de Palas de Rei dirección Lugo. Víronse implicados catro vehículos e saldouse con varias persoas feridas.


O 112 Galicia foi alertado ás 8:15 horas. O accidente foi entre tres vehículos e un furgón e produciuse retencións dun quilómetro.


O 112 Galicia mobilizou ao GES de Monterroso, á Garda Civil de Tráfico, aos Servizos Sanitarios, aos Bombeiros de Chantada e ao Servizo de Mantemento de Estradas.


Tres persoas foron trasladadas en ambulancia, en principio feridas leves.

O accidente desta mañá en Palas. CEDIDA.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page