top of page

Accidente en cadea con 14 vehículos implicados

Ecos da Comarca/Xeral

Un accidente con 14 vehículos implicados obriga a interromper a circulación na AG-11 ao seu paso por Rianxo. A vía permanece cortada á altura do quilómetro 10 en sentido Ribeira e os vehículos poden abandonar a autovía pola saída de Catoira. Os servizos sanitarios atenden a unha persoa que viaxaba no primeiro vehículo implicado.

Foto de arquivo.
Foto de arquivo.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente dez minutos despois das 19:30 horas, a través dun particular que informou dunha colisión entre varios vehículos no quilómetro 14 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna e en sentido Ribeira. Nun primeiro momento, o alertador explicou que inicialmente se tratara dunha colisión entre tres vehículos, e que a continuación acabaran colidindo en cadea os restantes.


Os Bombeiros de Boiro sinalaron pouco despois desde o punto que había 14 vehículos implicados. Entre eles, un autobús de pasaxeiros no que todos os ocupantes resultaron ilesos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Boiro e de Ribeira, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil de Rianxo e os servizos de mantemento da autovía.


Nestes momentos, a circulación permanece cortada no lugar mentres duran os traballos dos servizos de emerxencias.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page