top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Unha muller perdeu a vida ao sufrir un atropelo en Vila de Cruces

No suceso víronse implicados un camión, un vehículo utilitario e unha camiñante, todo esto sucedeu sobre as 10:20h desta mañá


IsmaelRS/Vila de Cruces/ACTUALIZACIÓN 13:08HORAS

Unha muller faleceu esta mañá tras ser atropelada por un turismo logo de que este colidira cun camión, na estrada PO-905, no concello de Vila de Cruces.


O 112 Galicia recibiu a chamada dun particular, implicado no accidente, que informaba do acontecido e indicaba que unha muller estaba ferida. Neses momentos, o alertante xa afirmaba que a persoa estaba sendo atendida, no punto, por persoal sanitario do centro de saúde da vila. Deseguido, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia - 061 comunicaba a saída cara o lugar do helicóptero medicalizado con base en Santiago.


Tras ter coñecemento desta información, os xestores do 112 Galicia deron aviso á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil de Vila de Cruces, ao GES e ao Servizo de Emerxencias de Lalín. Ademais, tamén foron informados os Bombeiros do Deza por se fose precisa a súa intervención.


Os servizos sanitarios que atenderon á muller no punto nada puideron facer por salvarlle a vida. Segundo confirmaban os membros de Protección Civil ao 112 Galicia, a colisión entre o camión e o vehículo fixo que este último, debido ao impacto, se movera cara atrás atropelando á muller.


Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se solicitou a intervención do servizo de mantemento de estradas para realizar a limpeza da vía e garantir así as condicións de seguridade da mesma.

Accidente desta mañá. Foto: T.A.C.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page