Ecos da Comarca/Palas de Rei
Rematan os traballos de mellora acondicionamento de varios puntos do Camiño Francés ó seu paso por Palas de Rei na parroquia de Lestedo. Estas actuacións consisten na mellora das sendas peonis paralelas ó Camiño de Santiago, necesarias para o incremento da seguridade dos miles de camiñantes que fan uso da ruta xacobea, pero tamén, para os veciños/as dos diferentes núcleos ó longo da mesma.

As actuacións, cunha inversión que corre a cargo da Axencia de Turismo de Galicia, comprenden unha senda peonil de aproximadamente catro quilómetros de percorrido en varios lugares pertencentes á parroquia de Lestedo, en pleno Camiño Francés, tales como: Portos, Valos, Rosario e a Brea.
O alcalde, Pablo Taboada, que comprobou como quedaron as obras, destacou que “son moi necesarias dado que supoñen o acondicionamento do polo turístico máis importante do municipio de cara a tempada alta de peregrinaxe neste Ano Santo, así como, se incrementa a seguridade peonil nunha zona altamente transitada a diario”
Comments