top of page

Acaba hoxe o prazo de inscrición dos cursos gratuítos de Medio Ambiente e Protección Animal

Estas actividades da Deputación da Coruña están dirixidas a persoas maiores de idade con domicilio na provincia da Coruña e polo tanto, tamén para a veciñanza das comarcas de Arzúa e Terra de Melide


Ecos da Comarca/C. Arzúa/T.Melide

A Deputación da Coruña mantén aberto ata hoxe,12 de setembro, o prazo de inscrición nos cursos gratuítos de Medio Ambiente e Protección Animal, que se impartirán durante o último trimestre deste ano. As actividades están dirixidas a persoas maiores de idade con domicilio na provincia da Coruña (polo tanto tamén os veciños das comarcas de Arzúa e Terra de Melide), e ao rematar cada curso emitirase o correspondente certificado de participación.

ree

A oferta formativa inclúe tres propostas centradas na protección da fauna, o benestar animal e a sustentabilidade:

• "Medo en cans acollidos en protectoras". Cun total de 40 prazas, este curso terá preferencia para persoas que traballen ou colaboren con entidades protectoras de animais. Impartirase de forma presencial na Coruña os días 18 e 19 de outubro.

• "Técnicas de seguimento de fauna silvestre". Tamén con 40 prazas dispoñibles, está especialmente orientado a persoas vinculadas con entidades ambientais. Desenvolverase na Coruña os días 8, 15 e 22 de novembro, e incluirá unha xornada práctica no campo.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

• "Iniciación á agroecoloxía. Deseño e manexo de hortos de autoconsumo". Cun enfoque práctico e accesible, este curso ofrecerá 50 prazas e impartirase en modalidade en liña entre o 3 de novembro e o 5 de decembro.


As persoas interesadas poden inscribirse a través da páxina web de Medio Ambiente da Deputación: www.dacoruna.gal/medioambiente


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page