Acaba a expropiación forzoza do vial LU-231, A Baiuca-Friol, mellorando a conexión de Palas coa A 6
- ecosdacomarca

- 22 jul
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Palas de Rei
O Concello de Palas de Rei informa que rematou o procedemento de expropiación forzosa co levantamento de actas previas á ocupación e formalización das actas de ocupación do vial LU-231, A Baiuca- Friol, con conexión a autovía A 54 (Lugo Santiago), onde varias parcelas foron expropiadas para a execución deste vial autonómico que favorecerá a conexión de Palas de Rei coa Autovía A 6 e o mesmo tempo, facilitará a incorporación desde Friol a Autovía A 54.

Esta obra, longamente demandada polos veciños/as da zona pero tamén polos alcaldes dos Concellos de Friol, Begonte e Palas de Rei, significa segundo o alcalde palense, Pablo Taboada, “a revitalización dunha zona especialmente mal comunicada que mudará
as comunicación no centro da provincia de Lugo e da Coruña e sen lugar a dúbidas, revitalizará pobos netamente rurais que se dotarán unhas vías de comunicación
axeitadas”.
PUBLICIDADE
Os veciños/as titulares de bens e dereitos afectados recolleron as súas actas durante a semana pasada na Casa Consistorial de Palas de Rei e este pasado luns na Casa Consitorial de Friol, como paso previo para o abono da conseguinte valoración que terá lugar a mediados de setembro.
PUBLICIDADE
Taboada desexa a inmediata licitación dos traballos e ó mesmo tempo ofreceu a colaboración a todos aqueles veciños/as que poidan ter algún tipo de discrepancia cos bens e dereitos afectados ó fin de que se poida iniciar canto antes estas obras longamente agardadas.








Comentarios