top of page
Foto del escritorLaura Moure

Abre o prazo para adxudicar a cesión temporal do bar da Área Recreativa da Cornella, en Santiso

O Concello aprobou os pregos en xunta de goberno o pasado 29 de abril e os interesados teñen de prazo 10 días hábiles, desde este martes

O bar da Cornella.

Autor: Facebook Chiringuito da Cornella.


Laura Moure/Santiso

O Concello de Santiso na xunta de goberno local, celebrada o pasado 29 de abril, aprobou os pregos de cláusulas adminitrativas particulares que rexerán a adxudicación do contrato administrativo especial de cesión temporal do Café-Bar da Área Recreativa da Cornella, que se sitúa entre os municipios de Santiso e Agolada. Os devanditos pregos poden consultarse na páxina web do Concello de Santiso.


Durante o prazo de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte o da publicación do bando correspondente, que se publicou este luns, poderán presentarse as propostas a contratación da autorización de uso temporal das instalacións do citado local.


Os interesados poden obter máis información en:

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page