A axuda será de 1.000 euros por establecemento ou por actividade sen establecemento, podendo ter o beneficiario máis dun local ou actividade con dereito a axuda
A zona do Consistorio lalinense.
Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/Lalín
A Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, en sesión ordinaria celebrada en data 23 de marzo de 2021, acordou aprobar as bases reguladoras e convocatoria das axudas extraordinarias directas ao sector do comercio local afectado pola crise da Covid-19. As subvencións reguladas ao abeiro destas bases faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 0.431.479 ata un importe máximo de 250.000 euros, correspondente ao orzamento deste Concello para o ano 2021
A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector do comercio para que poida afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola pandemia.
A axuda será de 1.000 euros por establecemento ou por actividade sen establecemento, podendo ter a persoa ou entidade beneficiaria máis dun establecemento ou actividade con dereito a axuda.
Requisitos
Os requisitos para poder solicitar as axudas son os seguintes:
Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social, salvo que non sexa de obrigado cumprimento
Que se desenvolva unha actividade económica en situación de alta no Imposto sobre Actividades Económicas e encadrada nalgún dos epígrafes correspondentes ao IAE relacionados no Anexo I, con anterioridade á declaración do estado de alarma (14 de marzo de 2020)
Que a actividade se desenvolva no municipio de Lalín. Para aquelas actividades sen local determinado, deberán ter o seu domicilio fiscal no Concello de Lalín
Acreditar un descenso de facturación igual ou superior ao 20% que se calcularará compa rando os datos de facturación anual de 2020 cos de 2019. Para as altas que se produciran ao longo do ano 2019, a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do ano 2019 coa facturación media dos meses do ano 2020. Para as altas que se produciran entre o 1 de xaneiro e o 13 de marzo de 2020 a baixada de facturación calcularase comparando a facturación media mensual dos meses con actividade do primeiro trimestre do ano 2020 coa media mensual dos tres trimestres restantes do ano 2020.
E tamén haberá unha serie de obrigas que deberá cumprir o beneficiario e que poderá consultar no anuncio publicado hoxe no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
O prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partires do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, e dicir, desde mañá.
Toda a información pode consultarse no enlace citado en liñas máis arriba.
Comments