top of page

Abraham Cupeiro enche en Merza con Pangea, acompañado polo ensemble Merza Percusión

Laura Moure/Vila de Cruces

O Festival Internacional de Percusión (FIP) viviu o martes unha noite inesquecible en Merza co concerto Pangea, a cargo do músico e multiinstrumentista Abraham Cupeiro xunto ao ensemble Merza Percusión. O evento rexistrou un cheo absoluto e deixou unha fonda pegada no público, que respondeu con entusiasmo desde o primeiro minuto.

“O éxito é ser músico, vir un martes a un sitio tan pequeno e que se esgoten as entradas. Moitas grazas”, expresou Cupeiro durante o concerto, visiblemente emocionado. O artista galego salientou tamén o cariño especial que lle ten a Merza, onde conta con grandes amigos, e subliñou o moito que gozou tocando co ensemble Merza Percusión, cos que comparte afinidade musical e complicidade enriba do escenario.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Pangea propuxo unha viaxe sonora a través de instrumentos antigos de distintas culturas, combinados cunha interpretación vibrante e contemporánea. A conexión entre os músicos e o público foi constante, creando unha atmosfera próxima e fondamente emotiva.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Este concerto, enmarcado dentro da programación do Merza Percusión no FIP, reafirmou o valor da música como punto de encontro, mesmo en lugares pequenos que vibran con propostas artísticas de primeiro nivel.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page