Aberto o prazo para inscribirse no Goza do Ulla de Arzúa que terá lugar o 17 de setembro
- ecosdacomarca
- 12 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Arzúa
Este domingo, 17 de setembro chega a Arzúa o Programa Goza do Ulla. O concello de Arzúa a través da concellaría de Turismo organiza unha ruta de sendeirismo, a Fervenza das Hortas.

O trazado previsto é unha ruta lineal duns 19,5 quilómetros, que parte da capela da Fonte Santa e remata na Fervenza das Hortas, cunha dificultade media.
O punto de encontro será na praza de Galiza ás 9:00 horas, no que se disporá dun autobús de balde, ata o punto de inicio da ruta (A Capela da Fonte Santa). Polas 14:00 horas, hora prevista para o remate da ruta, o autobús desprazará de novo os sendeiristas, ao punto inicial de encontro, a praza de Galiza.
Publicidade
Para inscribirse, é necesario anotarse no teléfono 981 508 056, da oficina de Turismo en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas ou a través do enderezo electrónico turismoarzua@gmail.com
Publicidade
Comments