Ofértanse 25 prazas
Laura Moure/Silleda
A Concellería de Benestar Social de Silleda, a través do Programa de Intervención Integral de atención a Persoas con Alzhéimer e outras demencias e familias coidadoras, en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (Afapo), trae de novo o curso de formación “Coidados compartidos”. Este ciclo formativo impartirase durante tres xornadas neste mes de marzo, ofertándose un total de 25 prazas.
Publicidade
O curso está destinado a membros de familias coidadoras non profesionais. Serán sesións nas que se abordarán cuestións como os síntomas cognitivos e non cognitivos, terapias non farmacolóxicas, a comunicación cas persoas con demencia ou o autocoidado da persoa coidadora.
Publicidade
Este curso formativo impartirase no Centro Social de Silleda os días 18 e 20 deste mes (en horario de 16:30 a 19:30 horas) e o venres 22 (en horario de 16:30 a 18:30 horas).
Publicidade
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o mércores 13 de marzo chamando ao departamento de Benestar Social do Concello de Silleda (986 592 037) ou ben de xeito presencial.
Comments