top of page

Aberto o prazo para anotarse no Queixo Maquetón 2026 tras o éxito de participación da pasada edición

Este certame enmárcase na Festa do Queixo de Arzúa


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa volve apostar polo talento musical emerxente cunha nova convocatoria do Queixo Maquetón nesta edición 2026, o certame que se consolida como un dos principais escaparates para bandas e solistas do pop rock e das novas tendencias musicais. O prazo de inscrición permanecerá aberto do 15 de decembro ao 5 de xaneiro, despois dunha edición anterior que rexistrou unha gran afluencia de propostas procedentes de todo o Estado, confirmando o crecente interese por participar neste concurso vencellado a un dos eventos culturais máis importantes de Galicia.

O Queixo Maquetón busca descubrir e dar visibilidade a proxectos musicais emerxentes, ofrecendo como premio principal unha dotación económica de 1.500 euros e a posibilidade de actuar no escenario da Festa do Queixo 2026 o sábado 28 de febreiro,

diante de milleiros de persoas.


Poderán participar grupos ou solistas residentes en España que non teñan publicado ningún álbum con selo discográfico, agás autoedicións ou proxectos sen contrato vixente.

Admítense estilos como rock, pop, indie, electrónica e novas tendencias, sempre cunha

proposta musical orixinal.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Cada candidatura deberá incluír:

● Os títulos de tres cancións publicadas en plataformas dixitais (MySpace, Bandcamp

ou similares)

● Unha fotografía en formato JPEG

● Unha breve biografía en formato DOC

● Datos de contacto (enderezo, código postal, teléfono e correo electrónico)

Toda a documentación deberá enviarse ao correo electrónico:


A organización lembra que queda estritamente prohibido o uso de intelixencia artificial

na creación de letras, melodías ou arranxos musicais. En caso de dúbida, poderanse

solicitar evidencias do proceso creativo.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O xurado, formado por profesionais do sector musical e membros da organización da Festa do Queixo, valorará a calidade artística, a orixinalidade e o potencial das propostas

recibidas. O nome do proxecto gañador darase a coñecer nas semanas posteriores ao

peche do prazo de inscrición.


O Queixo Maquetón reafírmase así como unha plataforma clave para novos talentos,

ofrecendo non só un premio económico, senón tamén unha oportunidade única de

proxección nun contexto festivo e cultural de primeiro nivel. As bandas e solistas que

queiran máis información poderán atopala na web da Festa do Queixo (festadoqueixo.org).



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page