top of page

Aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao XX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez”

As candidaturas, en tres categorías (Xove empresaria, Traxectoria “Toda unha vida” e Mulleres en movemento) poderanse presentar ata o xoves 26 de febreiro


Laura Moure/Lalín

O Concello de Lalín ten aberto o prazo para a presentación de candidaturas ao XX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez” 2026, unha iniciativa impulsada polas Concellerías de Igualdade e Comercio con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. Deste xeito, e de acordo ao extracto de bases publicado hoxe no BOPPO, as candidaturas poderán presentarse ata o 26 de febreiro.

O concelleiro de Igualdade, Avelino Souto, destacou que este premio “ten como obxectivo visibilizar, recoñecer e poñer en valor o papel fundamental das mulleres lalinenses, tanto no eido profesional e empresarial como no social e persoal”. Souto subliñou ademais que “é tamén unha ferramenta para avanzar na igualdade real, rachar cos estereotipos de xénero e crear referentes positivos para as novas xeracións”.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ao galardón poderán optar empresarias con domicilio social en Lalín, así como mulleres ou asociacións e colectivos que destaquen pola súa traxectoria, en tres categorías: Xove empresaria (idade máxima da empresaria 35 anos ou que creación da empresa non supere os 3 anos de antigüidade), Traxectoria ‘Toda unha vida’ e Mulleres en movemento (para mulleres ou asociacións/colectivos de mulleres que destaquen pola súa traxectoria profesional, persoal ou social e que traballan polo avance da igualdade).

 Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!
Fai unha doazón para axudar ao xornalistmo independente. Gracias!

As candidaturas poderán ser presentadas polas propias interesadas ou por terceiros —particulares, asociacións, colectivos ou entidades— a través da sede electrónica, do Rexistro Xeral do Concello de Lalín ou mediante correo electrónico ao enderezo igualdade@lalin.gal, indicando no asunto XX Premio ás Mulleres “Dna. Maruja Gutiérrez”.


“O Premio Maruja Gutiérrez é xa unha cita consolidada no calendario municipal e unha mostra clara do compromiso do Concello de Lalín coa igualdade de oportunidades e co recoñecemento do talento e da traxectoria das mulleres do noso concello”, concluíu Avelino Souto.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

As bases completas da convocatoria están dispoñibles na Oficina de Igualdade e na web municipal www.lalin.gal.


A entrega destes galardóns farase nun acto que terá lugar o 8 de Marzo con motivo do Día Internacional da Muller.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page