O programa ordinario será desde o 3 de xullo ao 1 de setembro (nove semanas) e distribuirase en catro quendas
Laura Moure/Arzúa
O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Arzúa organiza o Programa de Conciliación XOGARZÚA 2023, que supón unha alternativa de lecer para as crianzas cunha dobre finalidade: permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias e ofertar un espazo lúdico e de aprendizaxe para as crianzas.
Os obxectivos do programa son, entre outros:
Favorecer a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das familias.
Reflexionar sobre as desigualdades de xénero dunha forma lúdica.
Fomentar valores positivos e educativos para un desenvolvemento adecuado socialmente.
Ampliar o círculo social das crianzas descubrindo novas actividades.
A poboación destinataria do “PROGRAMA DE CONCILIACIÓN: XOGARZÚA 2023” son as crianzas nadas entre 2019 (escolarizados) e 2011 (que cursen ou acaben de cursar educación primaria), ambos inclusive.
O programa ordinario será desde o 3 de xullo ao 1 de setembro (nove semanas), e distribuirase en catro quendas:
Primeira quenda: do 3 de xullo ao 14 de xullo, (dúas semanas).
Segunda quenda: do 18 ao 28 de xullo, ambos inclusive (2 semanas)
Terceira quenda: do 31 de xullo ao 11 de agosto, ambos inclusive (2 semanas)
Cuarta quenda: do 14 de agosto ao 1 de setembro. (3 semanas)
O horario ordinario do programa será de mañá, de 9:00 a 14:00 horas.
CALENDARIO:
Inscricións: Do 12 ao 22 de maio, preferiblemente en Sede electrónica do Concello
Publicación da lista por orde de criterios e de emendas de solicitudes: 24 de maio.
Prazo de emenda de solicitudes: ata o 7 de xuño.
Publicación da lista de persoas admitidas: 13 de xuño.
Pagamento de taxas: Do 14 ata o 21 de xuño.
Reunión informativa: o 26 de xuño, pola tarde.
As solicitudes debidamente cubertas poderán remitirse por Sede electrónica do Concello de Arzúa, ou entregaranse no Rexistro municipal (1ª planta).
Calquera dúbida poden consultar ao Centro de Información ás Mulleres no teléfono 981 501 101 ou ben no correo cim@concellodearzua.com
Comments