top of page

Aberto o prazo de inscrición para os campamentos de verán do Concello de Agolada

 A iniciativa está dirixida a nenos de 3 a 12 anos


Ecos da Comarca/Agolada

O Concello de Agolada organiza un campamento de verán que terá lugar por quincenas en xullo e agosto cun máximo de 30 cativos en cada unha delas. A iniciativa está dirixida a nenos de 3 a 12 anos. As sesións serán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas a cargo da empresa Enrédate.

O prazo para anotarse será do 9 ao 24 de xuño incluídos e terán preferencia os empadroados no municipio e despois terase en conta a orde de inscrición. Esta farase por rexistro de entrada no Concello de maneira presencial, de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas, ou a través da sede electrónica do Concello (https://agolada.sedelectronica.gal/


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Dende o Concello recalca que non se admitirán as solicitudes por correo electrónico nin fóra de prazo. E o prezo, aplicarase a ordenanza de taxas segundo a renda familiar.





Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page