top of page

Aberto o prazo de inscrición para o campamento de verán 'Boimorto Concilia'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Está dirixido aos nenos de entre catro e 12 anos e será no mes de xullo


Laura Moure/Boimorto

O Concello de Boimorto informa que xa está aberto o prazo para anotarse no seu campamento de verán, que leva por título Boimorto Concilia, que está subvencionado pola Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.


Aplicaranse todas as medidas hixiénico-sanitarias de prevención da transmisión da Covid-19 entre elas, recordar ás familias que os nenos/as deberán acudir con máscara. Os requisitos para poder participar son os seguintes:

• Participantes: nenos/as de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos ambos inclusive.

• Empadroados no concello de Boimorto ou que acudan ó CPI Armando Cotarelo Valledor.

• Darase prioridade: Ás unidades familiares con menos ingresos (non superiores a 6,5 veces o IPREM para o ano 2020) e/ou que presenten problemas de conciliación familiar e laboral.


As actividades desenvolveranse entre o 1 e o 30 de xullo en horario de 09:00 a 14:00 horas. E o campamento ofértase para un máximo de 30 prazas. No caso de falta de asistencia ó campamento sen xustificar e no caso de existir lista de espera, procederase a notificar a baixa para que poidan participar outros nenos/as.


O prazo de inscrición será dende o 4 ao 22 de xuño na Casa do Concello falando coa animadora cultural con cita previa chamando 981 516 020.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page