top of page

Aberto o prazo de inscrición para a quenda de Nadal do “Arzúa + Concilia”

Está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021, e desenvolverase nas instalacións do Multiusos Terras do Queixo entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro


Laura Moure/Arzúa

O Concello de Arzúa abre hoxe, 3 de decembro, o prazo de inscrición para a quenda especial de Nadal do servizo municipal de conciliación “Arzúa + Concilia”, unha proposta pensada para apoiar ás familias en períodos non lectivos e garantir que a conciliación sexa un dereito accesible para toda a veciñanza.


Este programa está dirixido a nenas e nenos nados entre os anos 2013 e 2021, e desenvolverase nas instalacións do Multiusos Terras do Queixo entre os días 22 de decembro e 7 de xaneiro, cun horario de mañá de 10:00 a 14:00 horas, cun horario extraordinario de entrada de 8:30 , ás 09:00 e ás 9:30; e un horario extraordinario de saída ás 14:30.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

As inscricións permanecerán abertas desde o 3 ao 12 de decembro, ás 23:59 horas, e poderán realizarse a través da sede electrónica ou do rexistro municipal. O servizo contará con 35 prazas, resultado da escoita activa ás familias e do noso compromiso cos coidados como un dereito fundamental para as familias de Arzúa. O custo desta quenda será de 20 € por nena ou neno inscrito, para todos os días que dura o servizo de conciliación. 

Lucía López, concelleira de Igualdade de Arzúa.
Lucía López, concelleira de Igualdade de Arzúa.

A concelleira de Igualdade, Lucía López, destacou que “o Nadal é un dos períodos máis complexos para conciliar, especialmente para aquelas familias que non dispoñen de redes de apoio. “Arzúa + Concilia” naceu para responder a esas necesidades e para que os coidados non dependan da sorte nin da situación económica dun fogar, senón de políticas públicas sólidas e accesibles”.


“Esta é a primeira quenda de Nadal dentro do novo servizo municipal permanente. Non estamos falando só dunha actividade puntual, senón dun servizo público estable, pensado para acompañar ás familias durante todos os períodos non lectivos: verán, Nadal e vacacións de primavera. A conciliación é un dereito, e desde o Concello imos seguir reforzando os recursos que lle destinamos”.


Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

O servizo, ademais da conciliación, aposta por un modelo educativo centrado na creatividade, na convivencia, na integración e na aprendizaxe a través do xogo e da exploración, fomentando valores positivos desde a primeira infancia.

Toda a información sobre as bases, os requisitos e a documentación necesaria pode consultarse na web municipal. As familias admitidas recibirán convocatoria para unha reunión informativa previa ao inicio da quenda.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page