top of page

Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación Xogarzúa 2024

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Neste edición amplíase de 9 a 11 semanas a prestación do servizo, que se desenvolverá desde o 25 de xuño ata 6 de setembro


Laura Moure/Arzúa

O Concellaría de igualdade do Concello de Arzúa organiza o Programa de Conciliación Xogarzúa 2024, que supón unha alternativa de lecer para as crianzas cunha dobre finalidade: permitir a conciliación familiar, laboral e persoal das familias e ofertar un

espazo lúdico e de aprendizaxe para as crianzas.

A poboación destinataria desta iniciativa son as crianzas nadas entre 2020 (escolarizados) e 2012 (que cursen ou acaben de cursar educación primaria), ambos inclusive.


A concelleira de Igualdade, Lucía López, quixo subliñar a importancia que para as nenas e nenos teñen este tipo de iniciativas : "Non queremos que o Xogarzúa sexa un espazo unicamente de coidado de nenas e nenos, por ese motivo desde o CIM e a Concellería traballamos man a man no contido das actividades que se levarán a cabo esas 11 semanas. Todas elas ensínanlle dun xeito transversal e ameno aos nenos e nenas temas sobre a importancia do ecoloxismo, igualdade e anticapacitismo, asegurando que as actividades sexan accesibles e inclusivas para todas e todos os participantes.”  


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Este ano o programa ven con varias novidades entre as que destacan a ampliación da duración do programa e do horario. Neste edición amplíase de 9 a 11 semanas a prestación do servizo, que se desenvolverá desde o 25 de xuño ata 6 de setembro, e o programa contará cun horario ordinario de 10:00 a 14:00 horas e un horario extraordinario de 8:00 a 15:00 horas para aquelas familias que o precisen.


“A ampliación era necesaria, pois os programas de conciliación teñen que adaptarse a realidade das familias. As arzuás cada vez máis dependemos do sector servizos para vivir, o que fai imposible que moitas familias poidan tomar descansos ou tempo para estar cos seus fillos e fillas no verán. E os datos amosan que se non realizamos este esforzo, serán principalmente as mulleres quen terán que renunciar ás súas carreiras profesionais para encargarse do coidado das nenas e nenos. Xogarzúa quere garantir iso, que ningunha familia teña que renunciar a un traballo, ni ningunha traballadora ou traballador a poder ter fillas e fillos. E sobre todo que ningún arzuá ou arzuá teña que marchar da nosa vila por motivos de este tipo", destaca a concelleira.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Bonificacións

Este verán as familias optarán a máis prazas nas primeiras quendas que, polo xeral, son as que máis demanda teñen, e poderán tamén escoller por semanas a súa participación no programa, que este ano desenvolverase nas instalacións do CEIP de Arzúa. O prezo de cada quenda será de 10 euros máis IVE, incluíndo novas bonificacións como ás que xa se lles viña aplicando ás familias numerosas. Nesta edición tamén poderán acceder a bonificacións do 50% as familias monoparentais, as familias encabezadas por mulleres vítimas de violencia de xénero ou familias nas que existan outras cargas relacionadas cos coidados.


O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días naturais, contados desde o seguinte ao do anuncio da convocatoria e publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e no taboleiro de anuncios do Concello.

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page