top of page

Aberto o prazo de inscrición na Escola de Baloncesto de Silleda

Esta iniciativa conta ca colaboración do Obradoiro CAB e do Basket Deza


Laura Moure/Silleda

A Escola de Baloncesto de Silleda, xestionada pola Fundación Heracles –vinculada ao Obradoiro CAB- retoma a súa actividade ao longo do mes de setembro, tamén en colaboración co club Basket Deza, con sede en Lalín. As inscricións poderán realizarse dende mañá no rexistro do Concello. Os adestramentos serán no pavillón César G. Fares, os martes e xoves en horario de 16:00 a 17:00 horas.

Aínda que esta tempada se dará prioridade ao alumnado de Primaria, dende a escola tamén se prevé dar a oportunidade a todos aqueles que xa militan na categoría Infantil e Cadete queiran xogar de incorporarse ás filas do Basket Deza. Dende a Concellería de Deportes anímase a participar nesta escola, unha iniciativa que se estreou con éxito en 2017, e que naceu a partir da chegada do filial do Obradoiro CAB ao municipio.

Se ben o equipo compostelán cambiou a súa sede esta tempada, o ánimo tanto do club como do Concello é de continuar fomentando a práctica deste deporte, contando tamén coa colaboración do Basket Deza para dar a oportunidade a todos os nenos e nenas de participar nas competicións oficiais. De cara a poder federar aos nenos e nenas participantes, prégase que as inscricións se fagan o antes posible. As idades, por categorías serán Babys (nados nos anos 2015 e 2016); Premini (nados en 2013 e 2014); Mini (2011-2012); Infantil (2009 e 2012) e Cadete (2007-2008).

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page