top of page
Foto del escritorLaura Moure

Aberto o prazo de inscrición do campamento de verán do Concello de Agolada

Será durante os meses de xullo e agosto e está dirixido aos nenos de 4 a 12 anos


Laura Moure/Agolada

O Concello de Agolada organiza un campamento de verán que terá lugar por quincenas en xullo e agosto cun máximo de 20 cativos en cada unha delas. A iniciativa está dirixida a nenos de catro a 12 anos. As sesións serán de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas a cargo da empresa Enrédate.

A primeira quincena será do 3 ao 14 de xullo; a segunda, do 17 ao 28 , agás o día 25 por ser festivo; a terceira do 31 de xullo ao 16 de agosto e a última, do 17 ao 31 de agosto. E para que se imparta o campamento en cada quincena, ten que haber como mínimo a metade das prazas ofertadas.


O prazo para anotarse será do 8 ao 23 de xuño incluídos e terán preferencia os empadroados no municipio e despois terase en conta a orde de inscrición. Esta farase por rexistro de entrada no Concello de maneira presencial, de luns a venres de 9:00 a 14:30 horas, ou a través da sede electrónica do Concello (https://agolada.sedelectronica.gal/)


Non se admitirán as solicitudes por correo electrónico nin fóra de prazo.

Prezos

Unha parte da totalidade do prezo do campamento será asumirá polo Concello, pero outra ten que ser abonada polos participantes. Desta maneira, os empadroados no municipio de Agolada pagarán por cada quincena 40 euros.


Mentres, para os non empadroados neste concello o prezo será de 80 euros por cativo por cada quincena, xa que asumirán o custo total do servizo. O ingreso deberá facerse unha vez que se lles comuniquen que son admitidos e xa se lle achegará o número de conta.

Os interesados poden consultar a documentación que se debe entregar no Facebook do Concello de Agolada e tamén na súa web.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page