top of page

Aberto o prazo de inscrición ata o 25 dos obradoiros 'Xogando en vacacións. Verán 2021' de Palas

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Hai 50 prazas e están dirixidos a nenos de idades de entre tres e 12 anos


Laura Moure/Palas de Rei

O Concello de Palas de Rei organiza os obradoiros Xogando en vacacións.Verán 2021. A actividade posibilitará a conciliación da vida laboral, familiar e persoal. Priorizaranse as familias con menos recursos, que non poidan custear outras alternativas para ter atendidos os seus fillos e fillas durante o horario laboral dos pais e nais. As actividades terán unha duración de cinco horas diarias en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres laborais.

A iniciativa consiste nunha serie de obradoiros infantís durante as vacacións escolares. Empregarase unha metodoloxía activa e participativa, para facilitar a pluralidade de saberes presentes no grupo e usaranse técnicas de dinamización que axudan á consecución dos obxectivos, tanto específicos como doutros, que poidan xurdir. Estas técnicas son motivadoras, mobilizantes, lúdicas, creativas e democráticas, partindo dos sentimentos e pensamentos, actitudes e vivenzas cotiás dos participantes para xerar posibilidades de transformación persoal e cambio cultural.


Poderán participar nenos e nenas de entre tres e 12 anos. Para poder cumprir co protocolo de medidas de prevención do Covid-19, só se ofertan un total de 50 prazas. Os interesados poden presentar a solicitude de maneira presencial nas oficinas do Consistorio de Palas de Rei ou ben de maneira telemática na sede electrónica do Concello: https://palasderei.sedelectronica.es/dossier.2


O prazo de inscripción remata o día 25 de xuño ás 14:30 horas. Os prezos son para os

empadroados en Palas de Rei: 10,48 menor/mes e os non empadroados,15,71 menor/mes.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page