Aberto o prazo ata o día 22 para comunicar a realización de fogueiras e sardiñadas en Melide
- ecosdacomarca

- 13 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
O Concello de Melide lembra que se alguén quere facer unha fogueira ou sardiñada por San Xoán, primeiramente deben comunicalo.

"Se no San Xoán queres facer unha fogueira ou sardiñada a nivel particular ou nun local de hostalería debes comunicarllo ao Concello de Melide para que en caso de existir algunha incidencia poidamos actuar con maior rapidez", indica o ente local.
Os interesados deben achegar o seguinte formulario: https://cutt.ly/7wetygg4 ou solicitalo directamente na Casa do Concello. E a comunicación debe enviarse a través do enderezo
correo@concellodemelide.gal ou depositándoo na urna situada na entrada do Consistorio.
O prazo de presentación será ata as 14:00 horas do xoves 22 de xuño. No impreso aparecen todas as normas que se teñen que cumprir.








Comentarios