top of page

Aberto o prazo ata o 16 para inscribirse nos campamentos de verán do Concello de Melide

Estes desenvolveranse do 26 de xuño ao 11 de agosto


Laura Moure/Melide

Un ano máis, o Concello de Melide promove os campamentos de verán para facilitar a conciliación ás familias durante a época estival. Xa está aberto o prazo de inscrición.

Este arrancou este luns, día 5, e acabará o 16 deste mesmo mes. Os campamentos serán dende o 26 de xuño ata o 11 de agosto. Está dirixido aos cativos de 4 a 12 anos e o horario será de 8:45 a 14:15 horas.


As inscricións deben facerse no rexistro do Concello de Melide ou a través da súa sede electrónica. Debe presentarse a solicitude en modelo normalizado, a fotocopia da tarxeta sanitaria e o xustificante de pago.

O prezo é de 16 euros por semana, con desconto do 50% a partir do segundo irmán. Hai prazas limitadas e terán preferencia os empadroados no municipio melidense.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page