top of page

Aberto en Silleda ata o día 21 o prazo para comunicar a celebración de cacharelas de San Xoán

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Este Concello investirá máis de 180.000 euros en viais de Laro, Saídres e Breixa


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda xa ten aberto o prazo para comunicar a celebración de cacharelas de San Xoán. Ao igual que no pasado ano, todas as persoas e entidades que desexen facer a fogueira na noite do 23 ao 24 de xuño próximos deberán comunicalo por Rexistro (en horario de 9:00 a 14:00 horas) ou ben a través da Sede Electrónica. Unha vez comunicada a celebración, tal e como recolle o bando (que se pode consultar na web) as persoas e entidades promotoras recibirán unha comunicación cas medidas a ter en conta para a celebración das cacharelas.

O lume deberá de quedar perfectamente apagado antes das 6:00 do 24 de xuño. Unicamente poderán ser realizadas aquelas fogueiras que teñan efectuada a comunicación por escrito ao Concello de Silleda e as fogueiras que se realien nos terreos particulares deberán respectar as condicións que delimitan as autoridades autonómicas en relación á prevención de lumes. Só se poderán realizar as fogueiras en terreos particulares localizados en solo urbano (núcleos urbanos) e en solo de núcleo rural (núcleos rurais).


O bando establece ademais que queda prohibido realizar lume en solo rústico con calquera uso (agropecuario, forestal...), así como en zonas próximas a terreos destas características que sexan susceptibles de causar un lume incontrolado, de acordo coa lexislación vixente. Tamén se recollen medidas preventivas como a devasa do terreo con carácter previo a prender o lume, ou a vixiancia do mesmo, entre outros.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Por outra banda, o Concello de Silleda continúa a mellorar a extensa rede viaria no rural. Así, ademais de actuacións como a mellora integral da pista de Rabo de Gato, en Moalde, (con cargo ao Plan Marco) e de varios viais en Refoxos e Manduas (que se acometerán cos fondos que lle corresponden a Silleda do Plan Máis Provincia), tamén se vén de aprobar outro proxecto para realizar senllas actuacións nas parroquias de Saídres, Laro e Breixa.


Neste caso, as actuacións faránse con cargo á axuda do Plan de Rehabilitación de Camiños de zonas de Concentración ou Reestruturación Parcelaria (2023- 24), asumindo tamén a parte que lle corresponde ao Concello a través dos fondos de Máis Provincia. Na parroquia de Laro, farase a mellora do vial que dá acceso ao lugar da Pereira, en Saídres actuarase na pista de Maragouzos e no caso de Breixa, o vial do lugar de Breixiña.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O proxecto ten un orzamento de 184.917,61 euros e procederase á licitación das obras nas vindeiras semanas.


“Con esta nova actuación, continuamos a mellorar a rede viaria municipal de Silleda”, indica a alcaldesa, Paula Fernández. Ao mesmo tempo, o equipo de vías e obras continúa a realizar obras de reparación en distintas vías do rural, dende que a mediados de abril se incorporarán novas persoas como operarias contratadas a través da liña 3 do programa Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page