Aberto ata o 31 de marzo o prazo para a manifestación de preferencia de ubicación de fincas na parcelaria de Oleiros
- ecosdacomarca

- 25 feb 2025
- 1 Min. de lectura
Durante varias xornadas haberá atención ao público no local social da parroquia
Ecos da Comarca/Silleda
As persoas propietarias de terreos afectadospolo proceso de concentración parcelaria da parroquia silledense de Oleiros teñen de prazo ata o vindeiro 31 de marzo para manifestar as preferencias de localización dos predios de substitución.
Con fin de facilitarlles o cumplimento deste trámite, estableceuse un calendario de atención ao público no centro social da localidade, que comezou onte, luns día 24. Esta atención continuará hoxe, martes día 25, e os días 3,4, e 10 e 11 de marzo, en horario de 9:30 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 horas.
Toda a documentación ten que rexistrarse. Hai tamén dispoñible unha ligazón na páxina web da Consellería do Medio Rural co modelo de manifestación de preferencias e os planos actualizados das bases na zona.

O delegado territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, e a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández, participaron nunha xuntanza informativa cas persoas propietarias para dar conta deste novo paso no procedemento, que se iniciou ca apertura de novos viais. Tanto a Consellería de Medio Rural como o Concello de Silleda inciden na importancia de que as persoas propietarias acudan estes días para informarse do proceso e resolver posibles dúbidas co personal técnico.







Comentarios