top of page
Perruquería Marisa.gif

Aberta unha conta bancaria para axudar á dona da casa que ardeu en Santa Mariña, en Antas de Ulla

A súa vivenda viuse afectada o pasado 24 de decembro


Laura Moure/Antas de Ulla

O Concello de Antas de Ulla informa que se habilitou un número de conta para axudar á familia afectada polo incendio da súa casa na parroquia de Santa Mariña do Castro de Amarante o pasado 24 de decembro.


"María del Amor Hermoso Ruiz Verdeje viuse afectada polo incendio da súa vivenda en Santa Mariña. Existe unha conta para donativos en Abanca: 63 2080 0166 113040006861", sinala o Concello de Antas de Ulla.


Cabe mencionar que este non foi o único incendio dunha vivenda neste municipio nos últimos meses. Porque tamén un día 24, pero neste caso, de outubro quedou calcinada outra na parroquia de Santiso.

A casa afectada de Santa Mariña. Autor: Concello de Antas.

NOTICIAS RELACIONADAS:

722 visualizaciones0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page