top of page

Aberta en Silleda a inscrición para participar nas actividades de Nadal do Centro Social dos Maiores

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais de dous obradoiros gratuítos, o 21 será a Xuntanza de Nadal e o día 29 o Ensaio de Fin de Ano, as dúas citas no restaurante Coteliño


Laura Moure/Silleda

As actividades programadas en Silleda para este Nadal dirixidas ao colectivo de maiores veñen de abrir o prazo de participación.

A primeira delas será un obradoiro de centros de mesa de Nadal, que terá lugar o luns 12 no Centro Social de Silleda, ca colaboración de Floristería Carmiña. Será ás 16:30 horas. A participación é gratuita e as persoas interesadas poden anotarse ata o venres día 9 no propio centro ou chamano ao 986 592 037.


Tamén o martes 20 de decembro celebrarase outro obradoiro gratuíto, neste caso de elaboración de xabróns, tamén no centro social de Silleda ás 16:30 horas. O prazo de inscrición remata o venres 16.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

As dúas grandes citas organizadas dende o departamento de Benestar, que dirixe Ángela Troitiño, voltan este ano con senllas citas no restaurante Coteliño.


A primeira delas será a Xuntanza de Nadal dos maiores, o mércores 21 ás 14:00 horas, con xantar e baile amenizado polo dúo Punto Zero. As inscricións recolleránse no centro ou no teléfono antes indicado ata o luns día 19. O prezo é de 18 euros por persoa.


Xa o xoves 29 de decembro terá lugar no citado restaurante o Ensaio de fin de ano dos maiores, ás 20:30 horas, con pinchos, as 12 uvas, e sesión musical tamén con Punto Zero. O prezo é neste caso de 10 euros por persoa, e o prazo para anotarse remata o luns 26 de decembro.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page