Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Abandono do palense Luis Vilariño e Javier Martínez en Cantabria tras unha saída de pista

Ecos da Comarca/Palas de Rei

Amarga fin de semana para o piloto de Palas de Rei, Luís Vilariño, e o seu copiloto, o salcedense, Javier Martínez no Rallye Cristian López Ferreiro tras sufrír unha saída de pista nos primeiros compases da sección vespertina do sábado. O equipo atopábase dentro dos dez mellores da cita cántabra tras unha primeira etapa moi complicada, na que unha elección errónea de neumáticos e varios sustos nos deslizantes tramos designados pola escuadra organizadora fíxolles perder valiosos segundos.

Luís Vilariño, aínda dolorido, analizaba o que fora a participación do Vilariño Team: “Foi unha fin de semana complicada para todo o equipo. Sufrimos diferentes incidencias mecánicas que nos impediron rodar cómodos e cun bo ritmo. O venres tivemos un pequeno problema co cambio, que nos custou algo de tempo. Tentámolo recuperar saíndo á contra en canto a composto de neumáticos no segundo bucle, pero a aposta non saíu como esperabamos. Empezamos a segunda etapa con ganas de recuperar o tempo perdido, con todo, un erro meu fíxonos chegar moi pasados a unha curva estreita, golpeando unha casa e danando o noso Skoda FabiaR5. Quero dar as grazas a todos os servizos médicos, organización e afeccionados por todo o seu apoio e colaboración. Agora debemos comprobar os danos que ten o noso Skoda FabiaR5, para buscar unha solución para a próxima cita da Copa de España de Rallies de Asfalto, que se celebrará en pouco máis de quince días en Ferrol. Sabemos que vai ser todo moi xusto, pero imos tentar facer o posible por competir esa fin de semana por un bo resultado", indica. "O noso obxectivo a principio de tempada era pelexar por este certame nacional, e imos seguir pelexando ata o final. Agora está todo máis complicado, pero non imos a cejar no noso empeño", conclúe.

31 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE