top of page

Abandono de Ramos e Moure no IV Rally da Mariña Lucense cando loitaban por postos de cabeza

Laura Moure/Deza

Aínda co Rali do Cocido na memoria recente, a parella dezá formada por Javier Ramos e Álex Moure viaxou ata Viveiro, centro neurálxico da proba da Mariña, terceira proba do Campionato Galego de Rallyes. Para o Rallye Mariña Lucense, Ramos-Moure participaron Peugeot 208 N5 de ArVidal Racing, enmarcados dentro da Copa Pirelli Top Ten B, copa de promoción na que participan vehículos da categoría N5.

“Non estaba previsto participar neste rallye, pero finalmente presentouse a oportunidade e saímos probar nun 4x4 diferente. O Mariña Lucense é un rallye no que nunca participaramos polo que o tomamos como unha proba de aprendizaxe. Foron uns treitos

realmente complicados, polo que comezamos moi pouco a pouco, intentando coñecer o coche e non cometer erros", apunta Ramos. "A nosa sorpresa foi que axiña atopamos un bo ritmo que nos permitiu estar en postos de cabeza Copa N5, ás costas dos efectivos R5".


Cando o equipo estaba a escasos 100 metros da saída do treito de Cervo, escoitouse un son dunha parte mecánica que non cesaba e non presaxiaba nada bo. Despois dunha pequena comprobación visual e contacto cos membros da asistencia, optaron por abandonar e minimizar os danos mecánicos.

"Foi unha mágoa abandonar cando tivemos unha boa loita polo segundo posto entre a N5 e non moi lonxe de Tinín Iglesias - Bárbara Oubel que lideraban a categoría". Dáse a casualidade de que este era o 5º rallye que disputaba Álex Moure como copiloto, debutando hai apenas un ano nesta nova faceta.

0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
bottom of page